Que é IBAPP Rexistro de campo? |
IBAPP é unha aplicación para ANDROID, GRATIS E SEN ANUNCIOS, desenvolvida para a recollida de datos de campo.
En principio foi pensada para a Arqueoloxía e a Xeoloxía anque a súa versatilidade permite adaptala a diferentes usos.
Fundamentalmente está composta por unha sección "Configuración" na que establecemos un sistema de clasificación dos "Materiais" que posteriormente recolleremos desde a sección "Traballos".
Os catro desplegables principais (3 "Categorías" e 1 "Sector") pódense modificar ao noso gusto desde o menú "Configuración" e definir categorías e subcategorias relacionables e dependentes entre elas.
Tamén conta con distintas ferramentas para completar a documentación se o usuario o cree necesario, algunha delas en modo de proba e cunha precisión que depende do dispositivo no que esté instalada a IBAPP (por exemplo a función GPS).
A toma de información da seccion "Traballos" faise en campos de texto, numéricos e desplegables que queda almacenada en modo local na carpeta raíz do dispositivo na que se instale.
Posteriormente poderemos exportar a información como arquivo de texto ou compartila.
Pasos básicos de uso:
- Definir un sistema de clasificacion "Configuración-> Categorías".
- Crear un "Traballo".
- Recoller Materiais/Estratos.
- Exportar datos.